Conocía a Javi ( juvenil de tercer año) de mi anterior etapa, época de infantiles y cadetes, pero no tenía una confianza personal lo suficientemente consistente como para opinar, así que, a la hora de hacer la entrevista, pregunté a cierto cargo deportivo, mucho más conocedor del chaval, que qué me podía decir… y me dijo: «Javi Varela es el capitán que todo equipo debería de tener». Creo que es el mejor elogio que se puede hacer de un jugador de equipo. Y, tras la entrevista, creo que nadie dudará de que mi contacto tenía razón. Un gran capitán.
En primer lugar, Javi, cuéntanos tu trayectoria deportiva……………
Antes de nada, moitas grazas pola entrevista e grazas polo enorme traballo que fas xestionando a web do clube.
Xoguei dende prebenxamíns ata infantís de primeiro ano no CCRD Perlío. Na tempada 2012-2013 cheguei ao Galicia para xogar no equipo de infantís de liga galega e dende aquela, aquí sigo.
Cómo se lleva la capitanía, después de tanto tiempo en el club?
É un rol que me gustou dende sempre e que vai un poco ligado a como son dentro e fóra do campo. A verdade é que non me supón demasiado problema cargar con esa “responsabilidade”.
Has tenido ya que ejercer como capitán, o el equipo es una balsa y no da problemas,?
De momento, o maior problema foi poñer a data da primeira cea de equipo jajaja
Has formado parte de equipos exitosos en los últimos años del club, prácticamente has sido participe de los mejores momentos deportivos del club, ¿Con qué te quedas en todos estos años?
Cós amigos que fixen grazas ao fútbol e con todos os campos e cidades galegas que visitei. Ao final é o que vai seguir aí cando pasen os anos. De todos modos, a nivel deportivo, foron todos, a excepción do primeiro ano de xuvenís, anos moi bós entre os que destaca, sen dúbida, o ano no que logramos o ascenso por primeira vez na historia do clube a División de Honra cadete.
A día de hoy, y sin comprometerte mucho, que crees que debemos mejorar en el club. Nadie mejor que un jugador como tú, que llevas tantos años para que comentes sobre el tema
A nivel deportivo, nada que dicir, incluso penso que houbo un momento no que chegamos a estar por enriba das nosas posibilidades (hai uns anos, con equipos en ligas galegas, liga nacional, división de honra…). Era algo moi difícil de manter, pero se se conseguiu foi polo boísimo traballo a nivel deportivo que viña detrás.
A mellorar claro que hai cousas, pero aquí e en calquer sitio. Penso que o principal sería tratar de solucionar o problema dos focos no campo de fútbol – 11 (aínda que ben sei que pouco depende do clube) e quizáis aumentar a presencia nas redes sociais (Twitter, Instagram…) moitos clubes empregan esas plataformas coma medio de difusión de contido multimedia, horarios, etc e penso que o Galicia está algo verde nese aspecto.
Habéis empezado de maravilla, pero cuál es el objetivo real del equipo, porque en pretemporada nadie hablaba de ascenso, y de hecho no es el objetivo supremo……
Para nada, o obxectivo é competir contra todos os equipos e salvar a categoría canto antes. A partir de aí, todo o que veña é un premio, sobre todo para aqueles que rematamos a nosa etapa no fútbol base.
Por cierto, llegaste en infantil desde el Perlío, ¿qué tal los primeros años en el Perlío?
Xeniais, teño moitos recordos bós xogando e adestrando en Centieiras con rapaces que coñezo dende sempre. Especialmente, do primeiro ano de alevíns.
Si no me equivoco, estás en el tercer año de juvenil, toda una vida en el club, ¿Seguirás en el equipo modesto, en busca de ese ansiado ascenso?
Para responder a isto, nada mellor que dicir por qué xogo no Galicia. Cheguei aquí porque tiña a oportunidade de xogar nunha categoría superior á do clube que tiña a un paso da casa. O día que non sexa así, volverei a Perlío.
Antes te preguntaba por las cosas que mejorarías en el club, que seguro que hay muchas, pero, ¿qué es lo que más te gusta del club?
O feito de que é un clube no que non hai esixencias a nivel de resultados. Non houbo nunca ninguén que nos dixese a principio dunha tempada “hai que ascender” ou algo parecido. Só piden que se traballe para dar o máximo de cada un, xa que a partires diso, todo acaba chegando.
Siempre has sido un jugador importante en todos los equipos en los que jugaste y, al igual que otros, seguro que has tenido tentaciones para fichar por otros equipos, ¿Por qué no lo hiciste?
Pois a verdade, non foi ata este ano no que tiven a oportunidade de xogar noutros clubes, e tampouco foi un tema que me preocupase demasiado. Este ano, o feito de estar estudando en Santiago “estragou” unha oportunidade moi bonita que tiven para poder disputar unha División de Honra xuvenil no Racing Villalbés. Por outra banda, estaba a opción do Compos pero sendo unha categoría que xa coñecía e sabendo do incrible grupo de xogadores que temos aquí no Galicia, decidín seguir aquí.
Acabáis de fichar a dos jugadores que, creo, van a aumentar el nivel del equipo, ¿Cómo lo valoráis el resto de compañeros?
Pareceunos unha noticia moi boa, Adri e Jandro puxeronse a traballar coma un máis dende o primeiro día e iso valórase, estamos seguros de que nos van aportar moito ao longo do ano.
Como capitán, supongo que tienes un poco la labor de integrarlos en el grupo, no?
Sí claro, aínda que sexa “baixo mínimos” por así dicilo, xa que ao estar estudando en Santiago de Compostela, non teño a oportunidade de coincidir con eles ata os venres.
Cuando metes gol, ¿se lo brindas a alguien en especial?
Non, nunca fun desas cousas.
Ahora una serie de preguntas más generales y personales…..
Una virtud………
Constancia.
Un defecto…………
Cabezonería.
¿Cuánto te duran unas botas?
Unha tempada.
Una comida…….
Marisco.
Una película………
Efecto Mariposa.
Música que escuchas o te gusta……..
O que poñan na radio.
De qué equipo eres aficionado?
Do Athletic Club de Bilbao.
Un jugador en el que te fijes….
Aritz Aduriz.
El mejor recuerdo en el fútbol,
É difícil escoller pero a tempada de alevíns de primeiro ano no Perlío na que quedamos campións de liga e xogamos a fase final galega foi increíble polo feito de que todo equipo estaba formado por xogadores do pobo.
Y el peor…….
O primeiro ano de xuvenís en Liga Nacional. Independentemente do desastre a nivel deportivo, foi un ano no que non había grupo, adestramentos aos que íamos 8 xogadores… un desastre, o único ano no que non disfrutei do fútbol.
Un entrenador que te marca
Non me podo quedar con un só. En fútbol – 7, Marcos Novo, un dos adestradores cós que máis aprendín e có que xoguei unha das tempadas máis bonitas da miña vida. En fútbol – 11 os dous anos con Mahía foron moi especiais, no primeiro logramos o ascenso a División de Honra e tiven a sorte de formar parte dun grupo tanto deportivo coma humano espectacular e no segundo ano, salvamos a categoría despois dunha tempada moi regular cun equipo curto de plantilla pero ao que lle soubo sacar o máximo en todos os partidos.
El mejor jugador con el que has jugado……
Sen dúbida, Iago Novo. Xoguei con el varios anos en fútbol – 7 (ata que marchou ao Deportivo) e a diferencia entre Iago e todos era increíble.
Y el mejor jugador contra el que has jugado…….
Imposible quedar só con un, Hugo Vaamonde en alevíns, Iago Parga en infantís, Victor Eimil, Aitor Pascual en cadetes… Hai moitos xogadores boísimos contra os que xoguei.
¿Dónde te ves dentro de diez años?
O principal sería ter a carreira e os respectivos estudos posteriores rematados. Tendo listo iso con sorte estarei traballando (ou non, porque tal e como está todo…). No resto, espero seguir xogando ao fútbol e que no persoal siga todo igual de ben.
Pues muchas gracias a Javi Varela. El gran capitán.