Nos los hace llegar la delegación, y os lo facilitamos para información…. ( os recordamos que estas circulares federativas, importantes, estarán disponibles de forma permanente, en el submenú de circulares y horarios ( en el menú de «oficina virtual»)
Os recordamos los puntos siguientes a cumplir de la normativa, a fin de conocer el proceder de cada sujeto:
REDACCIÓN DE ACTAS
Os equipos contendentes, e xunto ás licenzas federativas, deberán entregar tanto ao árbitro do partido como ao equipo rival, unha listaxe cos xogadores convocados e co respectivo dorsal. O árbitro está obrigado a verificar ditas licenzas coa listaxe achegada (artigo 218.1 RX da RFGF).
- FÚTBOL 11:
Deberanse cubrir as aliñacións dos equipos antes do comezo do encontro, ademais do resultado no descanso nada mais acceder ao vestiario.
Antes do peche da acta deberase dar lectura a ambos delegados de equipo da aliñación e polo menos do dorsal e nome dos amoestados, expulsados e goleadores, se os houbese, así como do resultado do partido.
No caso de non poder pechar a acta no campo por causa de forza maior e debidamente xustificada; deberase entregar a ambos delegados de equipo unha acta abreviada (borrador). A acta deberá pecharse en calquera caso antes das 23:00 horas do día da celebración do partido.
- FÚTBOL 8:
Os colexiados que arbitren unha pluralidade de partidos de fútbol 8 de forma consecutiva deberán entregar ao final de cada encontro obrigatoriamente unha acta abreviada (borrador) a ambos delegados, salvo que o árbitro poida pechala no campo. A acta deberá pecharse en calquera caso antes das 23:00 horas do día da celebración do partido.
Por lo tanto, es obligación del colegiado, llamar a los delegados de ambos equipos, dar lectura de los componentes del acta (únicamente de lo marcado reglamentariamente), y por supuesto, entregará personalmente a cada delegado sus licencias y borrador si lo hubiera.
LICENZAS DE XOGADORES E A SÚA REVISIÓN:
O árbitro está obrigado a verificar a correcta identidade dos xogadores das licenzas presentadas polos equipos en fútbol 11 (artigo 218.1 RX da RFGF). A revisión realizarase xusto antes de que os xogadores salten ao terreo de xogo para comezar o partido. Os futbolistas de cada equipo presentaranse por orde de dorsal ante o árbitro ou equipo arbitral que verificará coa licenza a correcta identidade do xogador, comprobando a fotografía e os datos persoais que nela figuran.
Os delegados dos clubs poderán solicitar ao árbitro do encontro, revisión de licenzas. Dita revisión poderase solicitar e levar a cabo, tanto antes do partido, no descanso como á finalización do mesmo, solicitude que poderá facerse a instancias do delegado unha soa vez, independentemente de que o árbitro a realizase de oficio (artigo 234.3 RX da RFGF).
Para que un futbolista poida aliñarse en partidos oficiais, deberá presentar ao árbitro previamente a licenza federativa correspondente e na súa falta, Documento Nacional de Identidade (D.N.I.) Pasaporte ou Carné de Conducir. Sen algún destes requisitos non se estará habilitado para actuar en encontro algún. Os menores de 14 anos, poderán achegar ademais calquera
Los delegados de los equipos deberán de avisar a los entrenadores, con tiempo suficiente al inicio del encuentro. Con 10 minutos de anterioridad, no puede haber nadie calentando y con 5 minutos de anterioridad, deben de estar preparados en su vestuario, para que el árbitro los llame y hacer la revisión de licencias (orden del dorsal).
ADESTRADORES, DELEGADOS E OUTROS TÉCNICOS E AUXILIARES
O artigo 27 da Lei 3/2012 de abril, do deporte en Galicia establece que para participar nas competicións oficiais federadas, SERÁ NECESARIO ESTAR EN POSESIÓN DE LICENZA FEDERATIVA. Por conseguinte, e para dar efectivo cumprimento á devandita norma por parte da Real Federación Galega de Fútbol, tanto os participantes efectivos do partido como TODOS OS MEMBROS DO BANCO, incluidos os delegados, deberán ter dilixenciada a correspondente licenza federativa de acordo ao cargo ou función a desempeñar.
O equipo que non presente unha licenza de Adestrador ou Monitor de Fútbol Base para un partido, o árbitro farao constar na acta obrigatoriamente para coñecemento dos órganos competentes.
A habilitación a adestradores, delegados e outros técnicos e auxiliares para acceder ao banco sen presentar a licenza federativa habilitarase durante as dúas (2) primeiras xornadas de liga a condición de que se acredite a súa identidade coa presentación do Documento Nacional de Identidade, Pasaporte ou Carné de Conducir. O árbitro fará constar sempre tal circunstancia na acta. Na 3ª xornada de competición todos deberán estar en posesión da licenza para poder acceder aos bancos.
Ocuparán o banco de cada equipo o delegado do mesmo, o adestrador, o segundo adestrador, o adestrador de porteiros, o preparador físico, o médico, o ATS/DUE ou fisioterapeuta, o encargado de material, os futbolistas eventualmente suplentes e, no seu caso, os substituídos, que deberán seguir vestindo a súa vestimenta deportiva. Non pode haber máis dunha licenza por cargo ou función a desempeñar nun partido, é dicir, soamente pode haber 1 preparador físico, 1 encargado de material, etc…
Esta clase de licenzas de outros técnicos cando un club as presente, deberanse gravar na acta do encontro xunto as de adestradores e delegados.
ADESTRADOR – MONITOR DE FÚTBOL BASE
A licenza de Monitor de Fútbol Base acredita para adestrar equipos federados ata a categoría que indique o Regulamento Xeral da Real Federación Galega de Fútbol, polo que dita licenza é o mesmo que presentar unha licenza de Adestrador a todos os efectos. Non se redactará nas actas baixo ningún concepto que un adestrador presenta licenza de Monitor de Fútbol Base, pois dita licenza é totalmente válida.
Unicamente o adestrador, entendéndose como tal ao que se atope en posesión de licenza de primeiro ou segundo adestrador, terá a facultade de levantarse a dar instrucións ao seu equipo. A vulneración desta norma dará lugar á depuración de responsabilidades no ámbito disciplinario (artigo 231.2 do RX da RFGF).
Los Monitores son entrenadores a todos los efectos, por lo tanto, ningún árbitro puede negar esta circunstancia y debe de incorporarlo en el lugar dónde le corresponde (no en incidencias de técnicos o auxiliares).
SUBSTITUCIÓNS PERMITIDAS DURANTE O TRANSCURSO DO XOGO
No transcurso de partidos oficiais da modalidade principal de Fútbol 11 poderán levar a cabo ata cinco (5) substitucións. Nas disciplinas de Fútbol 7 e Fútbol 8 poderán realizarse cantos cambios ou substitucións se desexen coa posibilidade dos xogadores substituídos volver ao xogo cantas veces se considere conveniente (cambios volantes).
- ALEVÍN FÚTBOL 11 (cambios volantes): poderán realizarse cantos cambios ou substitucións se desexen coa posibilidade dos xogadores substituídos volver ao xogo cantas veces se considere conveniente.
- 1ª e 2ª INFANTIL AUTONÓMICA (cambios volantes): poderán realizarse cantos cambios ou substitucións se desexen coa posibilidade dos xogadores substituídos volver ao xogo cantas veces se considere conveniente. Nos últimos 15 minutos unicamente se autoriza 1 cambio por equipo, tempo que será previamente anunciado polo colexiado a ambos delegados de equipo.
Nos partidos da fase de ascenso a Liga Galega Infantil terá o formato de cinco (5) substitucións.
El árbitro está obligado (en categoría infantil) a avisar a los delegados que se llega al minuto 25 de la segunda parte. Recordar que el único reloj que lleva el tiempo (válido) es el del colegiado.
UBICACIÓN EXPULSADOS:
Os que resulten ser expulsados, poderán presenciar o partido desde a bancada pero mantendo unha actitude dilixente. O incumprimento da citada obrigación será obxecto de sanción disciplinaria. Da obrigación establecida no apartado anterior, exceptúanse os médicos, ATS/DUE ou fisioterapeutas dos equipos contendentes, quen aínda que non poderán seguir ocupando un posto no banco, poderán seguir presenciando o mesmo e prestar os seus servizos cando así llo requira o árbitro. Iso, sen prexuízo da sanción que o órgano disciplinario puidese impoñerlles pola infracción cometida (artigo 231.4 RX da RFGF).
O adestrador expulsado ou o sometido a sanción federativa non poderá dar instrucións nin dirixir ao equipo desde a bancada, nin situarse nas inmediacións do banco, nin acceder ao terreo de xogo e zona de vestiarios o número de xornadas a que faga méritos a sanción (artigo 48.5 RD da RFGF).
Artículo 234 Los delegados de los clubes
- Tanto el club visitante como el visitado deberán designar un delegado, que será el representante del equipo fuera del terreno de juego y a quien corresponderán, entre otras, las funciones siguientes:
- a) Instruir a sus futbolistas para que actúen antes, durante y después del partido con la máxima deportividad y corrección.
- b) Identificarse ante el árbitro, y media hora antes del inicio del partido, con la llegada del árbitro a la instalación, presentar al mismo las licencias numeradas con el correspondiente dorsal, de los futbolistas de su equipo que vayan a intervenir como titulares y eventuales suplentes.
- c) Cuidar de que se abonen los derechos de arbitraje, salvo que estuviere establecido otro sistema al respecto.
- d) Firmar el acta del encuentro al término del mismo, (excepto acta electrónica)
- e) Poner en conocimiento del árbitro cualquiera incidencia que se haya producido antes, en el transcurso o después del partido.
- No podrá actuar como delegado de club el Presidente o en su caso, Consejero Delegado, del mismo, ni tampoco quien sea miembro de la Junta Directiva de la FGF.
- Los delegados de los clubes, en los distintos partidos donde ejerzan su función, podrán solicitar al árbitro del encuentro, revisión de licencias. Dicha revisión se podrá solicitar y llevar a cabo, tanto antes del partido, en el descanso como a la finalización del mismo, solicitud que podrá hacerse a instancias del delegado una sola vez, independientemente de que el árbitro la haya realizado de oficio.